AULA NATUREZA DO RÍO MIÑO

CENTROS EDUCATIVOS

A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental. 

A Educación Ambiental concíbese como un proceso permanente en que os individuos e a colectividade cobran consciencia do seu medio e adquiren os coñecementos, os valores, as competencias, a experiencia e tamén a vontade, capaces de facelos actuar, individual e colectivamente, para resolver os problemas actuais e futuros do medio ambiente". Esta definición oficial ben pode servir de punto de partida para explicar o  Concello de Ourense pretende conseguir coa creación da Aula da Natureza, xa que expón con claridade cal é o obxectivo final da Educación Ambiental, que resumimos nunha soa idea: intervención da xente na resolución dos problemas ambientais. 

aulanatureza@ourense.es

ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad