Definicións e clasificación
Estrutura e morfoloxía
O sistema radicular
A parte aérea
Períodos de actividade e repouso vexetativo
Procesos de floración e frutificación
Períodos da vida dunha árbore
Os procesos da floración. Partenocarpia e apogamia. Esterilidade
Maduración e desenvolvemento do froito
Fenoloxía
DESCRICIÓN:
Este curso trata de proporcionar os coñecementos xerais para realizar unhas boas prácticas sobre o manexo e mantemento da morfoloxía e fisioloxía das árbores, a diferenciación dos distintos órganos de flor e de madeira, así como a súa estrutura e funcionamento. Determinar as épocas máis apropiadas para os períodos de actividade e repouso vexetativo das especies vexetais.
OBXECTIVOS:
Coñecer os aspectos básicos necesarios para o desenvolvemento e mantemento equilibrado das árbores e arbustos.
Recoñecer, distinguir e diferenciar os distintos órganos da morfoloxía e fisioloxía vexetal.
Desenvolver e executar o proceso de reprodución e produción de distintas especies e variedades de árbores e arbustos ornamentais, froiteiras e forestais, utilizando as técnicas máis apropiadas, a fin de optimizar os procesos de selección e reprodución.
Autobus aportalo a Concellaría de Educación.
Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Persoas destinatarias: Alumnado de EP, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos.
Grupos: 10 grupos non superiores a 25 persoas (estudantes). ).
Periodización: 2024
Horario: De 09:00 a 14:00
Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio A. Nanín Sáez.
Teléfono contacto: 988 51 07 81
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
https:/www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min