DEBUXO DE NADAL ( 6º EI)

Data inicio: 02/11/2016     Data fin: 01/12/2016

DEBUXO DE NADAL

BASES DO CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL

1.-Poderán participar os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil, dos centros de ensino da cidade.

2.- O obxectivo deste concurso é que os nenos e nenas plasmen nun debuxo aquilo que para eles é significativo e faga referencia ao Nadal.

3.- Os debuxos presentaranse en formato A-4. A técnica será libre, aínda que se recomenda que as cores sexan fortes, e os debuxos grandes, para que destaquen unha vez impresa no papel.

4.- O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados por cada centro de ensino, tendo en conta o equilibrio e harmonía entre as ideas e as ilustracións, asi como a orixinalidade dos traballos presentados.

5.- O prazo de presentación rematará o 1 de decembro ás 14.00 horas.

6.- O profesorado, fará unha selección dos mellores traballos na aula, que entregará, na Concellería de Educación: Praza San Martiño nº 2, 1º.

***Deberán aparecer, no reverso do folio os datos do alumno ou alumna (nome e apelidos, curso, centro e profesor ou profesora responsable)

7.- A clase gañadora recibirá  material didáctico, e o neno ou nena un lote de libros e a impresión da postal que servirá de felicitación de Nadal desta Concellería.


Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988 388 145/ educa.programas2@ourense.es)

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica