HERBAS DE SAN XOAN

Data inicio: 10/06/2024     Data fin: 20/06/2024


 

Dende a Aula da natureza do río Miño, realizarase unha iniciativa para que os alumnos que asistan a esta actividade, coñezan unha das costumes rituais e ancestrais que se celebran en Galicia. Nesta actividade, ensinárase os nenos a recolección e recoñecemento das especies que se usan neste ritual, e como facer a “poción máxica”, así tamén as variantes destas plantas nas distintas localidades de Galicia. O ritual das Herbas de San Xoán comeza o día 23 pola tarde, recóllense as plantas principais. En cada sitio dan preferencia a unas o a outras especies de plantas, poden ser variables nos diferentes lugares da rexión, supoñendo que e debido a súa dispoñibilidade na época do ano no que se celebra: condicionada polo clima, a composición do solo, a estrutura dos terreos, etc., pero a que está presente en todas as localidades e a “Herba de San Xoán” (Hypericum perforatum). Para facer a “poción máxica”, son necesarias 7 plantas, sendo tamén moi importante o nº 7. O Hinojo, a Malva, o Codeso, o Helecho, a Herba Luisa, o Romero e a Herba de San Xoán. Agora que temos tódolos ingredientes, as poñemos nun recipiente que debemos deixar destapado o aire libre toda a noite para que San Xoán o bendiga. 

Pola mañá o levantarnos, o que faremos é lavar a cara con nosa auga máxica para escorrentar as meigas, protexernos do mal de ollo, deixando atrás todo o malo e dando paso a todo o bo o, simplemente para purificar a pel e protexela de enfermidades. Ten orixes pagás moi antigos. San Juan era un festival do solsticio, no que se acendían fogueiras para dar forza ao sol e para protexerse dos espíritos que, na noite máis curta do ano, podían campar ás súas anchas polo noso mundo. Nunha época na que o ritmo de vida estaba marcado polas horas de luz diúrna, San Juan era unha celebración ligada á natureza e ao cambio de estación. 

 Tras a introdución do cristianismo, a festa quedou ligada ao día de nacemento de San Juan Bautista, o 24 de xuño, cando o seu pai acendeu unha fogueira en celebración ao seu nacemento. A actividade dividirase en dúas partes ven diferenciadas, nunha parte teórica onde describirase as plantas, as súas características e uso, e outra parte práctica onde observarase e recoñecerán as especies máis representativas da zona. 

 

Obxectivos: 

• Coñecer e interpretar as plantas obxectivo da actividade. 

• Coñecer e manipular as distintas texturas.

 • Recoñecer os cheiros das distintas plantas 

• Coñecer as nosas costumes ancestrais.

 • Coñecer o orgullo cultural e histórico do noso pobo.


Destinatarios/as Alumn@s de Primaria,eso e Bacharelato

Grupos: 10 grupos non superiores a 25 persoas

Periodización: 2021/22

Horario: de 09:00 a 14:00h

Duración: 90 minutos

Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio Alfredo Nanín Sáez

Telefono: 988510781

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

 

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad