ORNITOLOXIA(AVES)

Data inicio: 15/04/2024     Data fin: 26/04/2024


Descrición

Esta actividade ten como obxectivo o achegamento ao mundo das aves, a través da súa observación directa e a elaboración de comederos e caixas niño.A actividade divídese en 2 partes:

Parte teórica: explicación sobre diferentes tipos de caixas niño, comederos,identificaciónde aves, etc

Parte práctica: realización dun comedero, colocación dos comederos e dunha caixa niño. Realizarase tamén observación de aves con prismáticos e telescopio.

Ensinarase unha variedade de métodos de mostraxe/censo de aves que permitirán aos asistentes tanto sacar un maior proveito dos datos que eles mesmos tomen no campo, así como ofreceráselles información sobre censos e proxectos coordinados, a nivel rexional ou estatal, nos que poderán colaborar no futuro. Tamén se capturarán e anillarán aves mediante técnicas de trampeo non lesivo co que os participantes poderán identificar as aves en man.

O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), celebra o segundo fin de semana do mes de maio o Día Mundial das Aves Migratorias.


Obxetivos

Identificar as distintas especies de aves.

Iidentificar aspectos importantes como son os cantos, a silueta en voo, así como outros aspectos comportamentales.

Contextualizar o anterior, mostraráselles os resultados de estudos levados a cabo polos responsables do curso, nos que se precisou da identificación e seguimento de aves para alcanzar os obxectivos dos proxectos.

Actividade con autobus por conta da concelleria de educación.


Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Destinatarios/as Alumn@s de Primaria,eso e Bacharelato

Grupos: 10 grupos non superiores a 25 persoas

Periodización: Abril 2024

Horario: de 09:00 a 14:00h

Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio Alfredo Nanín Sáez

Telefono: 988510781

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

 

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad