CONCILIA DE NADAL 2023/24(Aforo completo)

Data inicio: 22/12/2023     Data fin: 05/01/2024

  1. CONCILIA DE NADAL 2023/24

É importante concienciar os menos/as da importancia da conservación do medio ambiente e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos do medio.

Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades que se levan a cabo no Nadal, na Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira.

Estas actividades van dende a flora e fauna propia da nosa provincia ata actividades de reciclaxe, pasando pola importancia da pesca, da astronomía, da orientación, do cambio climático, da xardinería..., e moitas actividades máis, que se mencionan no programa de actividades que detallamos máis adiante.


  1. OS OBXECTIVOS que se pretenden son os seguintes:

  • Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos de xardinería, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiáns.

  • Aprender a utilizar e dar unha segunda vida a materiais que son re utilizables.

  • Concienciar da necesidade de realizar reciclaxe.

  • Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.

  • Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico.

  • Fomentar diversos xogos populares.

  • Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.

  • Concienciar do cambio climático.

  • Conciliar a vida familiar e a vida laboral.

  • Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos e nenas que acoden á aula.


Dirixido: Alumnado de EP.

Grupos: 20 nenos/as.

Periodización: 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro do 2023 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2024.

Horario: de 9:00h a 14:00h.

Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño.

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es.

Equipo técnico: Luís Herminio Amigo Estrada e Ignacio Alfredo Nanín Sáez.

Idades: Nados do 2006 ao 2011


  1. ACTIVIDADES: Temática día a día.

  • Venres 22 de decembro do 2023.

Temática: Presentación, xogos e horta de interior. Persoal do Concello.

  • Martes 26 de decembro do 2023.

Temática: Mascotas. Persoal do Concello.

  • Mércores 27 de decembro do 2023.

Temática: Realización de adornos de Nadal (Carlos) .

  • Xoves 28 de decembro do 2023.

Temática: Concienciación, limpeza das marxines do río Miño. Persoal do Concello.

  • Venres 29 de decembro do 2023.

Temática: Xogos e manualidades .


  • Martes 2 de xaneiro do 2024.

Temática: Horta interior. Persoal do Concello.

  • Mércores 3 de xaneiro do 2024.

Temática: Viaqua.

  • Xoves 4 de xaneiro do 2024.

Temática: Paseo didáctico polo Castro de Oira. Persoal do Concello.

  • Venres 5 de xaneiro do 2024.

Temática: A vida das aves en Ourense (caixas niño, comedeiro) Persoal do Concello.


  1. INSCRICIÓN

Dirixido: Alumnado de EP.

Lugar de inscrición: Aula da Natureza do río Miño.

Inscrición: do 4 ao 21 de decembro.

Horario de inscrición: de 8:30h a 14:30h.

Tasas de matrícula: 10 € 1º inscrito e 5 € irmáns.

Fotocopia do DNI ou libro de familia.

Teléfono: 988510781

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad