RECUPERACION DO SOLO

Data inicio: 20/05/2024     Data fin: 06/06/2024

 

Data inicio: 30/11/2021     Data fin: 31/05/2022

 

  1. Composición do solo

  2. Partes minerais que compoñen o solo

  3. Parte orgánica do solo

  4. Textura e estrutura do solo. Melloras e conservación

  5. Comportamento do solo. Correccións

  6. Plantas indicadoras dos tipos de solos

  7. O aire e a auga no solo

  8. Elementos nutritivos que as plantas toman do solo

  9. Diferenciación entre carencias de elementos fronte a pragas e enfermidades

  10. Constitución do solo. Toma de mostras

  11. Clasificación dos solos

  12. Erosión e conservación de solos evitando a erosión do solo fértil por lavado ou escorrentía

  13. Actuacións de protección e rexeneración do solo queimado ou degradado

  14. Implantación da primeira vexetación autóctona

DESCRICIÓN:

Ás veces adóitase esquecer a relación entre o solo e a planta, trátase de mellorar os cultivos que presentan algo anormal pero se esquece por completo o que pode ser unha limitación: “o sistema radicular no solo” e o propio solo.

Isto pode ser posible debido a un descoñecemento das principais características do propio solo: profundidade, pH, materia orgánica, labores, solos areosos, arxilosos, elementos químicos, empozamentos, fertilizados, etc.

OBXECTIVOS:

Dar a coñecer a interacción solo-planta para resolver ou practicar os labores máis adaptados, fertilizados máis equilibrados, elección de especies, mellora do solo, etc.

Labrar, desinfectar e incorporar emendas e correctores ao medio de cultivo, chan ou substrato, tendo en conta as súas características físicas e químicas, empregando os medios dispoñibles, realizando técnicas específicas para minimizar a evaporación da auga. Así como outros métodos, para que os problemas máis simples cos que se atope os poida solucionar o agricultor por si mesmo, cando os coñeza ou intúa, tirando as súas propias conclusións prácticas e o bo uso delas.

 

Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.

Persoas destinatarias: Alumnado de ESO, Bacharelato.

Grupos: 10 grupos non superiores a 25 persoas (estudantes).

Periodización: 2024

Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio A. Nanín Sáez.

Teléfono contacto: 988 51 07 81

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

https:/www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min


Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad