BOSQUE

Data inicio: 13/11/2023     Data fin: 24/11/2023

Dende a Aula da natureza do río Miño, realizarase unha iniciativa para que os alumnos que asistan a esta actividade, coñezan os ecosistemas galegos por excelencia, non só pola súa riqueza da flora e fauna, senón tamén pola súa extraordinaria beleza paisaxística, que fai exceder tranquilidade e onde se pode observar o gran traballo da natureza en miles de anos.


Os bosques autóctonos galegos, tamén denominados “fragas”, son aqueles en os que non interveu a man do home na súa formación e existen desde tempos inmemoriais. A súa antigüidade é case incalculable, constituíndo ecosistemas autónomos que se rexeneran por si sós, e están dotados dunha gran biodiversidade.


Comentaranse características dalgúns dos bosques máis representativos de Galicia, pero non os únicos, que teñen un gran valor ecolóxico, ambiental e un pasado cultural e histórico extraordinario, como: As Fragas do Eume, Devesa da Rogueira, Fraga de Catasós, O Bosque de A Fervenza, Ridimoas, Bosque de Os Grobos, Devesa de Nimo. Tamén outros lugares con gran carga ecolóxica: Teixadal de Casaio, Bosque de Zamáns, etc.


A actividade dividirase en dúas partes ven diferenciadas, nunha parte teórica onde describirase a flora a fauna, as características dos bosques galegos e a súa singularidade, e outra parte práctica onde observarase e recoñecerán as especies máis representativas que o compoñen, tanto da súa fauna como da súa flora e particularidades de cada un deles.


Dende a Aula da natureza do río Miño, realizarase unha iniciativa de concienciación, educación, protección e participación dos nosos bosques nesta actividade, constituíndo un importante recurso educativo.

 

Obxectivos:

  • Recoñecer e interpretar os compoñentes vexetais e animais dos bosques e a súa relación.

  • Dar a coñecer os bosques galegos mais representativos e as súas características.

  • O carácter cultural e histórico dos nosos bosques.

  • As diferencias dos distintos tipos de bosques autóctonos e a súa relación co releve e a auga.

  • Intre - relación entre as especies que viven neles.

  • O orgullo do noso patrimonio vexetal, cultural e histórico.


Autobus aportalo a Concellaría de Educación.


Lugar de realización  Parque botanico de Montalegre

Destinatarios/as Alumn@s de Primaria,eso e Bacharelato

Grupos: 10 grupos non superiores a 50 persoas

Periodización:Novembro  2023

Horario: de 10:00 a 12:30h

Duración: 120 minutos

Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio Alfredo Nanín Sáez

Telefono: 988510781

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

 

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min



Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad