EDUCACIÓN EN SAÚDE




A preocupación constante dunha sociedade é a comprensión do seu contorno e, desta forma, ir equilibrando a vida co pensamento, como diría o ilustre poeta barroco sevillano, Andrés Fernández de Andrada, na súa epístola moral a Favio.

Aínda que o cometido da Coordinadora das actividades, non é dar leccións de moral a ninguén, si ten como obriga e tamén devoción, achegar na medida das súas posibilidades, todo o seu entusiasmo e traballo, para dar aos estudantes ourensáns unha visión máis acorde cos tempos e as circunstancias que nos tocou vivir.

Educación en Saúde é un campo moi amplo no que podemos perdernos e, por iso, cremos que estas actividades que, a continuación vos describimos, son o comezo e a continuidade dun traballo de equipo no que tratamos de inculcar uns hábitos nos nosos costumes que, seguramente, irán mellorando a nosa actitude e coñecemento fronte aos retos da saúde e relación amable co ámbito. Este é o obxectivo fundamental deste programa.

ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad