CHARLAS SOBRE DOAZON DE SANGUE / ESO / BACH. E CICLOS FORMATIVOS
Data inicio: 28/11/2022 Data fin: 31/05/2023
DESCRICIÓN
A través do programa educativo posto en marcha en colaboración coa Concellería de Educación, o Centro de Transfusión de Galicia elabora material didáctico especial e acorde coas idades do alumno/a da EP/ ESO / BACH, para que, de maneira gráfica, dinámica e sinxela, entren no necesario mundo da solidaridade doando sangue cando cheguen á maioría de idade. A actividade desenvólvese a través de conferencias e unha guía didáctica para os nenos/as de educación primaria, nos centros educativos impartidas por expertos sobre a doazón de sangue.
OBXECTIVOS
- Informar ó alumnado da demanda de sangue dos hospitais, imprescindibles para a realización do seu labor asistencial.
- Concienciar ó alumnado de que todos podemos precisar de sangue doado nalgún momento da nosa vida, podendo ser ás veces, cuestión de vida ou morte.
- Explicar as vantaxes asociadas á doazón.
- Valorar a capacidade solidaria do ser humano.
DESTINATARIOS/AS
- Escolares de EP / ESO / BACH / CICLOS.
PERIODIZACIÓN
- Do día 31 de xaneiro ao 31 de maio
- Nos centros educativos
Coordinadora
- Stella Estrada Mosquera (988388136/ Correo: educa.programas4@ourense.es)
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad