PROGRAMA DE AUTOCOIDADO E SALUTOXENESIS PARA DOCENTES ACTIVIDADE SO PARA CENTROS QUE DESENVOLVEN O PROXECTO DO DR. FUSTER.
Data inicio: 23/01/2023 Data fin: 30/04/2023
DESCRICIÓN
PROGRAMA DE AUTOCOIDADO E SALUTOXÉNESIS PARA DOCENTES ONLINE/ PRESENCIAL: Estar expostos de maneira cotiá ao sufrimento, sen unha perspectiva construtiva, xestionar as emocións e poder responder adaptativamente de forma saudable, pode producir no profesional unha sobre implicación emocional, desgaste empático ou estrés traumático secundario, e burnout.
É por iso necesario na conxuntura actual parar, para atendermos non só ao urxente senón tamén a aspectos de vital importancia. O coidado persoal involucra estratexias encamiñadas a promover ou manter a saúde física, mental, emocional e espiritual; ademais de garantir que non se descoiden as necesidades persoais ou familiares. O autocoidado tamén require autorreflexión e conciencia para identificarmos estresores e apoios relevantes, tanto no ámbito persoal como no profesional.
Nesta época, sufrimos un desgaste físico e mental adicional ao traballarmos en condicións de tensión continua, utilizando máscaras ou outros medios de protección que dificultan a respiración, dan calor e supoñen unha barreira na comunicación non verbal coa nosa contorna, dificultando en ocasións a toma de decisións. É por iso que resulta de vital importancia facilitar ferramentas para nos coidar e poder acompañar o alumnado en boas condicións e mantermos a nosa propia saúde entendida non só desde a perspectiva física, senón tamén como a habilidade para nos adaptar aos desafíos físicos, mentais e sociais
OBXECTIVOS
• Adquirir coñecementos e habilidades para o automanexo en situacións de grande incerteza.
• Prevenir de síndrome de burnout
• Adestrar en habilidades de xestión emocional que ademais de aplicar en si mesmos poderán ensinar ao seu alumnado.
CONTIDOS
- ✓ Síndrome de Burnout: Que é e ferramentas de prevención
- ✓ Fatiga por compaixón: ferramentas para o automanexo
- ✓ Ferramentas para xestionar o cambio: estratexia e resilencia.
- ✓ Estrés e a bioloxía do futuro
- ✓ Bioloxía do presente
- ✓ Intelixencia emocional e saúde
- ✓ Salutoxénese: a súa influencia no sistema inmune
DESTINATARIOS/AS
- DOCENTES
- Dos talleres teóricos- prácticos de 2 horas online OU PRESENCIAL
PERIODIZACIÓN
- Do día 17 de xaneiro ao 30 de abril.
- Stella Estrada Mosquera 988388169 / correo: educa.progras4@ourense.es