XADREZ NA ESCOLA / 6º EI / 1º A 4ºEP

Data inicio: 07/11/2022     Data fin: 31/05/2023

DESCRICIÓN



Os beneficios que resultan da práctica desta disciplina intelectual e deportiva entre os xóvenes _favorecendo o desenvolvemento das funcións cognitivas, a capacidade de atención e planificación, o adestramento da memoria, a percepción, o cálculo mental ou incluso como se está a demostrar en experiencias recentes,_ representa unha excelente ferramenta educativa e transversal, útil para desenrolar moitísimas habilidades como mellorar a concentración, cálculo, compresión lectora, organización, desenvolvemento da intuición e creatividade, capacidade e tempo e dos valores como o respecto, a xustiza, etc.
Son múltiples as opcións que nos ofrece, así como as posibilidades de aplicalo, de forma sinxela e clara, aos diferentes eidos educativos que propoñemos neste curso, dende as matemáticas, pasando pola linguaxe e incluso as materias relacionadas coa expresión artística ou co deporte. Da man de expertos docentes con moitísima experiencia nesta área traballaráse en sesións semanais dunha hora cos alumnos nos propios centros escolares no coñecemento desta disciplina.

 

 


DESTINATARIOS

  • Alumnos de 6ºEI / 1º -  4ºEP




PERIODIZACIÓN

  •  Do día 02 de novembro ao 31 de maio
  •  Nos centros educativos.
  • A duración das clases adáptanse ás idades dos nenos/as
  • A ACTIVIDADE DESENVOLVESE NO HORARIO LECTIVO.




ACHEGAS DA CONCELLERIA

  •  Material e profesor de xadrez

 



COLABORACIÓN

  • CLUB XADREZ OURENSE


Coordinadora

 

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad