SAUDE INTEGRAL EI / EP ACTIVIDADES SO PARA CENTROS QUE DESENVOLVEN O PROXECTO DO DR. FUSTER.
Data inicio: 31/10/2022 Data fin: 31/05/2023
- Dinámica de desenvolvemento (adaptada ao Protocolo para o contexto COVID19)
- Obradoiro de froitas (3 años)
- Obradoiro de yogur (4 años)
- Obradoiro de pan,minipizzas(5 años)
- Obradorio dos Sentidos (1º EP)
- Obradoiro de la leche al yogur(1º EP)
- Obradoiro Come Colores (2º EP)
- Obradoiro alimentos de Temporada (2º EP)
- Obradoiro Empeza o día co Enerxía (3º EP)
- Obradorio Zumos e Licuadoras (3º EP)
- Obradoiro las legunbres (4º EP)
- Obradoiro qué come el mundo (4º EP)
- Obradoiro el sabor mediterráneo (5ºEP)
- Obradoiro aprendemos a comer bien (5º EP)
- Obradoiro bocadillos saudables (6º EP)
- Obradoiro bolería saudable (6º EP)
- Contacontos <O coleccionistas das palabras saudables> (EI)
- Actividade física e xestión emocional (EI / EP)
- Obradoiro de risoterapia (EP)
PROGRAMA DE AUTOCOIDADO E SALUTOXÉNESIS PARA MAIORES E DOCENTES ONLINE/ PRESENCIAL: Estar expostos de maneira cotiá ao sufrimento, sen unha perspectiva construtiva, xestionar as emocións e poder responder adaptativamente de forma saudable, pode producir no profesional unha sobre implicación emocional, desgaste empático ou estrés traumático secundario, e burnout.
É por iso necesario na conxuntura actual parar, para atendermos non só ao urxente senón tamén a aspectos de vital importancia. O coidado persoal involucra estratexias encamiñadas a promover ou manter a saúde física, mental, emocional e espiritual; ademais de garantir que non se descoiden as necesidades persoais ou familiares. O autocoidado tamén require autorreflexión e conciencia para identificarmos estresores e apoios relevantes, tanto no ámbito persoal como no profesional.
Nesta época, sufrimos un desgaste físico e mental adicional ao traballarmos en condicións de tensión continua, utilizando máscaras ou outros medios de protección que dificultan a respiración, dan calor e supoñen unha barreira na comunicación non verbal coa nosa contorna, dificultando en ocasións a toma de decisións. É por iso que resulta de vital importancia facilitar ferramentas para nos coidar e poder acompañar o alumnado en boas condicións e mantermos a nosa propia saúde entendida non só desde a perspectiva física, senón tamén como a habilidade para nos adaptar aos desafíos físicos, mentais e sociais