BASKET AND ENGLISH / 2º EP

Data inicio: 01/10/2021     Data fin: 10/06/2022

DESCRICIÓN

 

BASKET AND ENGLISH forma parte dun proceso de ensino/aprendizaxe co obxectivo fundamental de conseguir que o neno desenvolva actitudes de respecto cara aos demais e o seu interese por colaborar nas tarefas de grupo.

Para iso xerarase un clima que favoreza a comunicación e  situacións que esperten o interese e entusiasmo dos nenos e nenas por aquilo que fan. Sendo partícipes das conversas en inglés aprenderán a formular preguntas, ordenar palabras na construción de frases afirmativas, negativas, singular/plural.

As primeiras metas serán: aprender os números en inglés efectuando sumas mentais dunha cifra, coñecer os días da semana e as partes do corpo. Ademais de aprender os fundamentos técnicos como o control do balón, pases, diferentes tipos de tiro,... E o que é fundamental: comigo aprenderán a pensar en inglés.

 

 

OBXECTIVOS

 

  • DESENVOLVER ASPECTOS DA ALIMENTACIÓN, HIXIENE, COIDADO DO CORPO
  • ESTIMULAR O INTERESE POR COOPERAR COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PARA CONSEGUIR METAS COMÚNS
  • FOMENTAR O TRABALLO EN EQUIPO
  • RESPECTAR OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, O MATERIAL E ASUMIR AS RESPONSABILIDADES QUE LLES CORRESPONDAN

 

FINALIDADE: PENSAR EN INGLÉS

 

BALONCESTO

  • Coñecer e dominar o fundamentos técnicos máis sinxelos do baloncesto: control do balón, pase do balón...

  • Identificar e realizar os diferentes movementos e tipos de lanzamentos a canastra existentes.

  • Aplicar e coñecer as regras do deporte do baloncesto cando se pon en práctica.

  • Cooperar cos compañeiros e compañeiras para conseguir metas comúns, con respecto por eles e polo material e tarefas para o divertimento por parte de todos durante as sesións.

 

INGLÉS

  • PRONUNCIAR CORRECTAMENTE OS NÚMEROS, OS DÍAS DA SEMANA E AS PARTES DO CORPO EN INGLÉS

  • EFECTUAR SUMAS MENTAIS (DUNHA SOA CIFRA) EN INGLÉS

  • SAUDAR CORRECTAMENTE EN INGLÉS SEGUNDO O MOMENTO DO DÍA

  • RESPONDER AS ORDES BÁSICAS EMITIDAS EN INGLÉS (RUN, JUMP, COME, GO)

  • COÑECER O VOCABULARIO DO XOGO DO BALONCESTO EN INGLÉS

 

 

DESTINATARIOS/AS

  • Alumnos de 2º EP


PERIODIZACIÓN

  •  Do día 1 de outubro de 2021 ao 10 de xuño de 2022 ( UNHA HORA DE DURACIÓN)
  • A actividade desenvolverase durante todo o curso lectivo (de outubro a xuño.) 



COORDINADORA 
 
  • Stella Estrada Mosquera 988388169 / correo: educa.programas4@ourense.es 
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad