TEATRO EN INGLES "THREE STORIES OF ENGLAND" ( 3ºe 4º ESO)

Data inicio: 14/02/2023     Data fin: 14/02/2023

Descrición:

Representación teatral de tres historias curtas de 15/18 minutos ambientadas na Inglaterra do século XVI : un drama, unha comedia e un conflito moral nos que Shakespeare e a raíña Elizabeth entre outros, forman parte.(THREE SHORT PLAYS IN ONE SHOW)

O alumnado nun momento crucial, deberá elixir el rumbo dos acontecementos e, polo tanto o destino dos protagonistas.
Ao rematar a obra haberá un coloquio cos actores e actrices 


Obxectivos

Utilizar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimule aos alumnos e alumnas no aprendizaxe da lingua inglesa

Dar a coñecer dous persoaxes relevantes do século XVI en Inglaterra :o escritor William Shakesperare e á raíña Elizabeth

Dirixido a 

Alumnado de Educación Secundaria

Área de coñecemento Lingua,  literatura  e historia inglesa

Competencias:
  • artística e cultural
  • comunicación lingüística
Periodización
14 de febreiro de 2023
Sala principal do Auditorio de Ourense
Haberá dúas sesións:Ás 10.00h e ás 12.00h (INDICAR NA INSCRICIÓN O HORARIO PREFERENTE PARA UNHA MELLOR COORDINACIÓN)

Observacións

O profesorado interesado pode descargar a GUÍA DIDÁCTICA E O GUIÓN DESDE ESTA WEB

A duración da obra é de 50 min + posterior coloquio de 10 min 

Imprescindible entregar a folla de autorización de saída do centro (unha por alumno e alumna) os días previos na concellería de educación ou o mesmo día ao personal do Auditorio.Poden descargala desde esta mesma web

É obrigatorio para o profesorado asistente enviar nun prazo de dous días máximo despois de asistir á actividade a folla de avaliación da mesma (unha por centro) 

Non hai transporte incluído nesta actividade

Coordinación

Isabel Doval Ferro (988 38 81 69/ educa.programas1@ourense.es)


Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad