BOMBEIROS

Data inicio: 10/01/2022     Data fin: 31/05/2022


BOMBEIROS

Plan de autoprotección do centro
No propio centro educativo, a partir do mes de xaneiro, realizaríase unha reunión previa co equipo directivo e co persoal do Plan de Autoprotección para a realización dun simulacro de evacuación, enviando despóis á Dirección un informe coas condutas observadas e coas suxerencias ou consellos a ter en conta para a súa correción.

Obradoiros nas aulas: Sesións formativas en materia de autoprotección
Unha unidade formada por dous bombeiros/as, impartirá as sesións teóricas cos escolares, explicará cómo funciona o Servizo de Bombeiros e o seu entorno de traballo  creando unha interacción cos escolares. Éstas estarán apoiadas con material audiovisual, 

O día que os bombeiros vaian aos centros a realizar os obradoiros de prevención  de incendios realizaríase o simulacro de evacuación previamente co alumnado. 
A mensaxe fundamental que se pretende trasmitir é a importancia da autoprotección no caso dun incendio ou siniestro, pois desde que se inicia ata que chegan os servizos de emerxencia (bombeiros, policía, sanitarios…) pasa un tiempo no que os afectados deben saber cómo reaccionar. Neste senso aproveítase tamén a ocasión para transmitirlles ao alumnado conceptos relativos a principios do lume, normas de prevención de incendios, tanto no ámbito escolar como no fogar, e comportamento para a evacuación de centros.

Oxectivos

    • Concienciar aos escolares sobre a importancia da prevención de incendios e as medidas de autoproteción, tanto no ámbito escolar como no doméstico-familiar.
    • Coñecer as actuacións e comportamentos que son axeitados para previr un siniestro e no caso de que se produza, afrontar a situación co menor risco posible para os/as implicados/as.

Contidos

    • Campaña de prevención
    • Accidentes causados pola produción de calor.
    • Accidentes causados pola electricidade.
    • Accidentes na cociña
    • Escapes de gas.
    • Recomendacións no caso de incendio.s
    • Recomendacións no caso dun terremoto.


Destinatarios
Alumnado de 3º de Educación Primaria

Periodización

1º, 2º e 3º trimestre ás 10.30h .

Observacións:

A duración da actividade será de 1h aproximadamente.
Colaboran Bombeiros de Ourense

Coordinadora: 

Fina Lage Fernández  Tfno.: 988 388 136/45

educa.programas5@ourense.es)





Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad