MASCOTAS

Data inicio: 01/11/2021     Data fin: 31/05/2022


Consideramos importante comezar desde a base, dando charlas a nenos e nenas de diferentes idades e resolvendo in situ as súas dúbidas. Ademaís de achegar ós nosos coñecementos e experiencias a outros colectivos, que non teñan regularmente contacto co mundo da protección animal.

 

Obxectivos

Concienciar os máis pequenos da casa sobre os coidados e responsabilidades que require unha mascota.

Adquirir coñecementos sobre os cans e gatos, para valorar a importancia que teñen como animais de compañia e como fonte constante de alegría e cariño.

Inculcar ós máis cativos comportamentos para paliar o abandono.

Ser consciente de que un animal non é un xoguete.

 

Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Destinatarios/as Alumn@s de Primaria,eso e Bacharelato

Grupos: 10 grupos non superiores a 25 persoas

Periodización: 2021/22

Horario: de 09:00 a 14:00h

Duración: 90 minutos

Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio Alfredo Nanín Sáez

Telefono: 988510781

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

 

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad