A TuA CIDADE (5º, 6º EP)

Data inicio: 03/11/2021     Data fin: 14/06/2022


ACTIVIDADE A TÚA CIDADE

O Centro Cultural Daniel Vázquez Gulías Martínez creouse o 3 de xullo de 2015 como unha asociación sen ánimo de lucro, cos seguintes obxectivos:

  • A promoción e difusión da obra de Daniel Vázquez Gulías M. en todo o estado español e no estranxeiro.
  • Realización de todo tipo de actividades culturais da obra do arquitecto Vázquez Gulías. A defensa activa para la protección de la obra arquitectónica de Gulías e a de outros arquitectos ourensanos relevantes.
  • Investigación, estudio, catalogación da súa obra.
  • A difusión da grande importancia deste arquitecto para a consolidación de Ourense, tal e como a coñecemos hoxe en día. Creemos que a cidade de Ourense hai que sentila para coñecela e tratala. O coñecemento da escala humana que tiña o arquitecto Ourensán e esencial para a sensibilización da poboación en materia arquitectónica, os nenos, son relevante para o noso futuro como cidade e como poboación. 
DESCRICIÓN
Esta actividade consta de tres apartados interrelacionados
  1. A TUA CIDADE: LEONARDO DA VINCI/ ARQUINENOS: é un proxecto lúdico-educativo que quere axudar na creación de pequenos cidadáns concienciados ca cidade e ca natureza, podendo comprender así a importancia dun desenrolo sostible e respetuoso. Pretendemos reunir o interese pola arquitectura e a educación dos nenos e nenas, adoptando o xogo como unha estratexia para explorar e aprender. O alumno/a ensaia, busca, propón solucións, confrontaas coas dos seus compañeiros/as e defendeas. A través do xogo, poténciase o desenvolvemento dos talentos individuais e mellorase a psicomotricidade nos nenos e nenas, e a motivación para o coidado do medioa ambiente,  fomentando o interese polo arquitectónico e o urbanístico que non entra en contradición coa estructura da cidade senon que a complementa.
  2. Por unha banda a ALFABETIZACIÓN ENERXÉTICA trátase dun obradoiro básico de alfabetización enerxética en relación coas nosas vivendas, edificios e o uso que facemos dos mesmos a hora de habitalos. As características dos edificios pasivos (edificios de consumo case nulo) responden a principios moi básicos de física, enerxía e sentido común. Tan básicos que os entendería un neno de 6 anos, e bastaría so un día para introducilos nas súas mentes, a pesar de que gran parte da sociedade viva ignorante e allea a eles. Por elo, plánteanse este tipo de actividades porque, en moitos casos, é máis sinxelo formar e sensibilizar a un neno e porque a través deste é, a súa vez, máis doado chegar ó adulto. Polo tanto, cúmprense cunha dobre función divulgativa-formativa, tanto a nivei das xeracións futuras, como das actuais a través delas.
  3. **A TUA CIDADE: DANIEL VÁZQUEZ GULÍAS Trátase dunha metodoloxía activa e participativa, mediante o traballo individual. Potenciarase o desenrolo persoal e a cooperación, o aprendizaxe mutuo entre os participantes, e valores como a tolerancia, a responsabilidade e a colaboración. Traballaremos mediante a elaboración de debuxos, onde os nenos e nenas experimentarán cos distintos materiais e formas, descubrirán a importancia da estrutura e comprenderán o significado da escala e a proporción. Intentaremos dar a comprender a importancia urbanística de principio do século XX e o seu cambio con respecto a épocas anteriores e posteriores. A actividade sería para realizar durante 1 hora, onde os nenos debuxarán un edificio importante de este arquitecto segundo a cercanía do propio colexio ao mesmo. Cando se remate a actividade, un xurado formado por artistas e arquitectos ourensáns elixirán os mellores debuxos e estes serán recompensados con materiais para que sigan formándose como pintores. (xa explicada arriba).
** NOVA SECCIÓN.

AO INSCRIBIRSE NESTA ACTIVIDADE, REALIZARÁN AS TRES PARTES EN DISTINTAS DATAS, CUNHA HORA DE DURACIÓN CADA UNHA DELAS.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Para desenrolar as actividades necesitaríanse varios materiais e recursos propios e específicos para cada unha das actividades. Avisaremos dos materiais necesarios para cada parte da actividade.


DESTINATARIOS/AS
  • Nenos/as de 5º e 6º E.P.
Coordinadora: 
  • Sara Dacal / Stella Estrada Mosquera 988388145/ 988388169 / correo: educa.programas2@ourense.es/ educa.programas4@ourense.es 
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad