COÑECETE: PROGRAMA DE EDUCACION SEXUAL. ESO, BACHARELATO

Data inicio: 01/02/2022     Data fin: 30/04/2022

DESCRICION
 

Este programa centrase na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover unha educación sexual adecuada e sa. Diríxese aos alumnos e  alumnas dos colexios dos concellos de Ourense. Ao finalizar terán adquirido conceptos como sexo, erótica, sexualidade, orientación e identidade.

Os tres obxectivos centrais da educación sexual son coñecerse, aceptarse e aprender a expresar a erótica de forma que os alumnos/as se sintan a gusto cos seus corpos.

Coñecerse
  •  Saber cales son as súas capacidades e habilidades, que puntos poden mellorar e como poden desenvolvelos. Todo isto relacionado coa educación sexual e o feito sexual humano.

 Aceptarse
  • Aceptarse tal e como son. Para isto fomentarase a súa autoestima, cuestionaranse os modelos existentes nos medios de comunicación, os estereotipos sociais e as crenzas.

 Expresarse 
  • Xestionar a súa imaxe, saúde, hixiene e intimidade. Tamén pretende capacitar aos asistentes/as cun maior repertorio de ferramentas para facer fronte aos retos cos que se poidan encontrar na vida diaria.





Obxectivos xerais

  • Identificar os estereotipos e crenzas sobre a sexualidade. Modelos reais. 
  • Xestionar a autoestima e a propia imaxe. 
  • Coñecer a influencia dos medios de comunicación sobre a imaxe corporal. 
  • Valores e hábitos de relación (amizade, parexa, sociedade,etc)
  • Hábitos de hixiene e autocoidado.

DESTINATARIOS/AS

  • Alumnos e alumnas de ESO

PERIODIZACION

  •  Do día 1 de febreiro a 30 de abril de 2022 (UNHA HORA DE DURACIÓN)

COORDINADORA
 
  • Stella Estrada Mosquera 988388169 / correo: educa.programas4@ourense.es 
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad