PRÁCTICAS PREPROFESIONAIS

Descrición

Os/as reitores/as das Universidades galegas ou directores/as deben ser os que solicitn a sinatura do convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas nos diferentes servizos do Concello de Ourense, segundo o perfil do alumnado.

Obxectivos

O obxecto destes convenios son:

Regular un programa de prácticas académicas externas entre as distintas Universidade e os centros CIFPS e o Concello de Ourense, para facilitar a preparación para o exercicio profesional do alumnado en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na Universidade Así como o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral das futuras persoas tituladas universitarias.. 

 

Destinatarioss

O alumnado matriculado en calquera ensinanza impartida pola Universidade e polos centros adscritos a esta.

Os estudantes doutras universidades españolas ou estranxeiras que, por razón de programas de mobilidade académica ou de convenios establecidos entre elas, se atopen cursando estudos na Universidade de Vigo, Santiago ou Coruña  ou nos centros adscritos a esta.

No caso de prácticas externas curriculares, estar matriculado na materia vinculada, Segundo o plan de estudos de que se trate.

Periodicidade

A duración das prácticas externas curriculares será a que estableza o plan de estudos correspondente nos termos establecidos polo artigo 12.6 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro.

A duración das prácticas externas extracurriculares axustarase á normativa complementaria desenvolvida polas distintas universidades ou CIFPs

O horario das prácticas procurará en todos os casos adaptarse aos horarios lectivos. En particular, o alumnado ten dereito a realizar as probas de avaliación correspondentes aos estudos en que se matriculara e a empresa está obrigada a concederlle os permisos necesarios para asistir a elas.

Coordina

Fina Lage Fernández                        988388145 / correo: educa.programas5@ourense.es


ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad