SAÍDAS DIDÁCTICAS

Este programa trata de levar aos escolares a descubrir lugares de interese fóra da nosa cidade, no resto da nosa provincia e na nosa comunidade autónoma.

Este ano temos como novidade " Bautismo Náutico".

Unha vez concedida a actividade, cada profesor solicitante deberá aportar un pequeno proxecto da visita a realizar (obxectivos, itinerario, finalidade...)


Obxectivos xerais
• Contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial.
• Valorar e respectar o patrimonio natural, histórico, lingüístico, cultural e artístico, asumindo as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
• Realizar actividades formativas e didácticas ao mesmo tempo que coñecemos e experimentamos a realidade rural, natural...
• Fomentar a convivencia entre o alumnado e o profesorado.

 

Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988388136 /45; educa.programas2@ourense.es)

ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad