FESTIVIDADE DOS MAIOS:OBRADOIROS DE CONFECCIÓN DE MAIOS

Data inicio: 27/04/2022     Data fin: 29/04/2022

Introdución

Os Maios é unha festa popular galega que forma parte do chamado ciclo de maio, época de exaltación da natureza ao comezo da primavera, cuxos orixes se remontan ás civilizacións prerromanas. Durante as festividades realízanse representacións, bailes e cantos ao redor dos maios, unhas estruturas tradicionalmente inspiradas en figuras de árbores pero que adoptan na actualidade formas máis variadas, con adornos de flores, follas e froitos.
A escultura do Maio consistente nunha armazón ou esqueleto de paus ou táboas de forma cónica ou piramidal, recuberto de tea metálica ou saco, que se cobre de mofo, fiúncho ou herba. O armazón constrúese sobre unha plataforma que permita transportar o maio polas rúas do lugar. Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos con flores, follas, fiúncho, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos, como materiais máis habituais. O cume remátase cunha cruz. 

Descrición

Monitores especializados e unha malleira  guiarán aos alumnos e alumnas  participantes na confección de tres maios situados na explanada do Auditorio de Ourense.Os nenos e nenas colocarán a herba e o  fiuncho ou mofo, nunha estructura con forma piramidal e crearán os adornos para a decoración do Maio.

Oas persoas participantes serán as protagonistas xa que aprenderán distintas técnicas utilizadas e recibirán unha explicación da festa a través dunha metodoloxía aberta e participativa.


Obxectivos

Recuperar e manter as tradicións
Celebrar a chegada da primavera    
Traballar en equipo
Utilizar recursos naturais sen danar a natureza

Temporalización

Tres días previos á fin de semana da festa dos Maios: 27, 28 e 29 de abril de 2022

Dirixido a 

Alumnado de 5º de educación primaria


Observacións
  • Actividade gratuita
  • Transporte non incluído
  • Cada día terá dúas sesións de 1 h 30 minutos cada unha e un número máximo de 50 asistentes

Coordinación

Isabel Doval Ferro
988388169
educa.programas1@ourense.es










Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad