RECUPERACION DO SOLO
Data inicio: 30/11/2021 Data fin: 31/05/2022
Composición do solo
Partes minerais que compoñen o solo
Parte orgánica do solo
Textura e estrutura do solo. Melloras e conservación
Comportamento do solo. Correccións
Plantas indicadoras dos tipos de solos
O aire e a auga no solo
Elementos nutritivos que as plantas toman do solo
Diferenciación entre carencias de elementos fronte a pragas e enfermidades
Constitución do solo. Toma de mostras
Clasificación dos solos
Erosión e conservación de solos evitando a erosión do solo fértil por lavado ou escorrentía
Actuacións de protección e rexeneración do solo queimado ou degradado
Implantación da primeira vexetación autóctona
DESCRICIÓN:
Ás veces adóitase esquecer a relación entre o solo e a planta, trátase de mellorar os cultivos que presentan algo anormal pero se esquece por completo o que pode ser unha limitación: “o sistema radicular no solo” e o propio solo.
Isto pode ser posible debido a un descoñecemento das principais características do propio solo: profundidade, pH, materia orgánica, labores, solos areosos, arxilosos, elementos químicos, empozamentos, fertilizados, etc.
OBXECTIVOS:
Dar a coñecer a interacción solo-planta para resolver ou practicar os labores máis adaptados, fertilizados máis equilibrados, elección de especies, mellora do solo, etc.
Labrar, desinfectar e incorporar emendas e correctores ao medio de cultivo, chan ou substrato, tendo en conta as súas características físicas e químicas, empregando os medios dispoñibles, realizando técnicas específicas para minimizar a evaporación da auga. Así como outros métodos, para que os problemas máis simples cos que se atope os poida solucionar o agricultor por si mesmo, cando os coñeza ou intúa, tirando as súas propias conclusións prácticas e o bo uso delas.
Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Persoas destinatarias: Alumnado de ESO, Bacharelato.
Duración da actividade: 09:00 a 14:00
Grupos: 10 grupos non superiores a 25 persoas (estudantes).
Periodización: 2021/22.
Horario: De 09:00 a 14:00 (estudantes)
Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio A. Nanín Sáez.
Teléfono contacto: 988 51 07 81
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
https:/www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min