MORFOLOXÍA E FISIOLOXÍA DAS ÁRBORES FROITEIRAS E ORNAMENTAIS

Data inicio: 29/10/2021     Data fin: 01/06/2022


  1. Definicións e clasificación

  2. Estrutura e morfoloxía

  3. O sistema radicular

  4. A parte aérea

  5. Períodos de actividade e repouso vexetativo

  6. Procesos de floración e frutificación

  7. Períodos da vida dunha árbore

  8. Os procesos da floración. Partenocarpia e apogamia. Esterilidade

  9. Maduración e desenvolvemento do froito

  10. Fenoloxía


DESCRICIÓN:

Este curso trata de proporcionar os coñecementos xerais para realizar unhas boas prácticas sobre o manexo e mantemento da morfoloxía e fisioloxía das árbores, a diferenciación dos distintos órganos de flor e de madeira, así como a súa estrutura e funcionamento. Determinar as épocas máis apropiadas para os períodos de actividade e repouso vexetativo das especies vexetais.


OBXECTIVOS:

Coñecer os aspectos básicos necesarios para o desenvolvemento e mantemento equilibrado das árbores e arbustos.

Recoñecer, distinguir e diferenciar os distintos órganos da morfoloxía e fisioloxía vexetal.

Desenvolver e executar o proceso de reprodución e produción de distintas especies e variedades de árbores e arbustos ornamentais, froiteiras e forestais, utilizando as técnicas máis apropiadas, a fin de optimizar os procesos de selección e reprodución.


Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.

Persoas destinatarias: Adultas

Duración do curso: 20 horas. Mércores e xoves de 17 a 20 horas.

Periodización: 2021/22.

Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio A. Nanín Sáez.

Teléfono contacto: 988 51 07 81

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

https:/www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad