PRODUCION DE COMPOST
Data inicio: 30/11/2021 Data fin: 31/05/2022
A COMPOSTAXE
O compost é o produto obtido por fermentación controlada de restos vexetais procedentes de: podas, céspede, plantas, etc. e outros residuos orgánicos. O proceso está baseado na degradación bioquímica da fracción orgánica biodegradable dos residuos, que permite convertelo nunha substancia similar ao humus, de características totalmente estables e inofensivos desde o punto de vista hixiénico e sanitario.
Refugarase todo material inerte como: plásticos, pedras, cristais, latas, papeis con tintas, e todo material que poida achegar ao produto final residuos químicos de elementos pesados, etc.
PARA QUE SERVE O COMPOST
O compost é o alimento natural tanto dos seres vivos do solo como tamén das plantas cultivadas. É o mellor método para conseguir un solo bioloxicamente activo e conxuntamente cos minerais, a arxila, a area e os limos mellora a textura e estrutura do solo.
Os solos arxilosos ou pesados afróuxanse, déixanse traballar máis facilmente e non se encharcan de auga.
Os solos areosos ou soltos vólvense máis compactos e reteñen mellor a auga e as substancias nutritivas.
Os solos convértense en máis escuros e fértiles.
PROGRAMA
Definición e características
A compostaxe como sistema de valorización dos residuos orgánicos
Proceso de compostaxe
Vermicompostaxe
Parámetros do proceso
Axentes da descomposición
Tipos de materiais que se poden compostar
Técnicas de compostaxe
Avaliación da calidade do compost
Ámbitos de aplicación. Fertilización e substratos
OBXECTIVOS
O obxectivo principal deste curso é dar a coñecer diferentes procesos e técnicas de compostaxe como sistema de valorización dos residuos orgánicos, coñecer e determinar a calidade do produto obtido e o seu ámbito de aplicación para optimizar o seu uso.
Que as persoas que asistan coñezan e saiban poñer en práctica os diferentes parámetros do proceso e os seus axentes implicados, así como a tipoloxía dos materiais máis adecuada para o tipo de técnicas de compostaxe.
Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Persoas destinatarias: Alumnado de ESO, Bacharelato
Grupos: 10 grupos non superiores a 25 persoas (estudantes)
Periodización: 2021/22
Horario: De 09:00 a 14:00 (actividade estudantes)
Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio A. Nanín Sáez
Teléfono contacto: 988 51 07 81
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
https:/www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min