PRODUCIÓN DE COMPOST

Data inicio: 30/11/2021     Data fin: 30/09/2022

 

A COMPOSTAXE

O compost é o produto obtido por fermentación controlada de restos vexetais procedentes de: podas, céspede, plantas, etc. e outros residuos orgánicos. O proceso está baseado na degradación bioquímica da fracción orgánica biodegradable dos residuos, que permite convertelo nunha substancia similar ao humus, de características totalmente estables e inofensivos desde o punto de vista hixiénico e sanitario.

Refugarase todo material inerte como: plásticos, pedras, cristais, latas, papeis con tintas, e todo material que poida achegar ao produto final residuos químicos de elementos pesados, etc.

PARA QUE SERVE O COMPOST

O compost é o alimento natural tanto dos seres vivos do solo como tamén das plantas cultivadas. É o mellor método para conseguir un solo bioloxicamente activo e conxuntamente cos minerais, a arxila, a area e os limos mellora a textura e estrutura do solo.

Os solos arxilosos ou pesados afróuxanse, déixanse traballar máis facilmente e non se encharcan de auga.

Os solos areosos ou soltos vólvense máis compactos e reteñen mellor a auga e as substancias nutritivas.

Os solos convértense en máis escuros e fértiles.


PROGRAMA

  • Definición e características

  • A compostaxe como sistema de valorización dos residuos orgánicos

  • Proceso de compostaxe

  • Vermicompostaxe

  • Parámetros do proceso

  • Axentes da descomposición

  • Tipos de materiais que se poden compostar

  • Técnicas de compostaxe

  • Avaliación da calidade do compost

  • Ámbitos de aplicación. Fertilización e substratos


OBXECTIVOS
O obxectivo principal deste curso é dar a coñecer diferentes procesos e técnicas de compostaxe como sistema de valorización dos residuos orgánicos, coñecer e determinar a calidade do produto obtido e o seu ámbito de aplicación para optimizar o seu uso.

Que as persoas que asistan coñezan e saiban poñer en práctica os diferentes parámetros do proceso e os seus axentes implicados, así como a tipoloxía dos materiais máis adecuada para o tipo de técnicas de compostaxe.

Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Persoas destinatarias: 12 adultos (Curso)

Duración do curso: 20 horas. Mércores e xoves 

Periodización: 2021/22.

Horario: u de 17:00 a 20:00 horas (Curso)

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad