PASEO POLO MINO
Data inicio: 30/11/2021 Data fin: 31/05/2022
Descrición
Desde a Aula da natureza do río Miño realizarase unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos Miño, Loña e Barbaña. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos da cidade por parte dos centros con persoal especializado.
O 14 de marzo, celébrase o Día dos ríos, a auga e a vida. É xa a súa décimo terceira edición. En moitas cidades e países do mundo a xente manifestarase reivindicando a protección dos ríos e da auga.
Desenvolveranse xornadas de sensibilización e educación ambiental entre escolares.
As actividades consistirán na análise da calidade das augas e na limpeza do leito e ribeira
Obxectivos
Coñecer e actuar para conservar os ríos
Dar a coñecer aos alumnos dos centros educativos da cidade os valores ambientais dos ríos Miño, Loña e Barbaña.
Animar aos escolares a participar na súa conservación
Autobus aportalo a Concellaría de Educación.
Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as Alumn@s de Primaria,eso e Bacharelato
Grupos: 10 grupos non superiores a 25 persoas
Periodización: 2021/22
Horario: de 09:00 a 14:00h
Duración: 90 minutos
Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio Alfredo Nanín Sáez
Telefono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min