ABELLAS

Data inicio: 01/11/2021     Data fin: 31/05/2022

Charlas levadas por un apicultor profesional, traballos e actividades en grupo, onde se explicará a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición. Apicultura Tradicional. Apis (abella) e Cultura (cultivo). A apicultura tradicional trata das relacións do home coas abellas e de como conseguiron obter os froitos do seu traballo: o mel e a cera.

 

Obxectivo

Traballar e aprender o marabilloso mundo das abellas.

Estudar na colmea a recoñecer ás abellas, como se reproducen e que actividades realizan, como se desenvolve unha comunidade onde se traballa sen descanso, cuxo único obxectivo é traballar en conxunto pola perpetuidade da especie.

Coñecer os produtos cos que nos obsequian as abellas e tamén, por que non, poder obter o teu propio mel.

Coñecer as propiedades do mel, tanto nutricionais como terapéuticas: facilita a dixestión, laxante suave, propiedades sedantes.


Contidos

Introdución á apicultura.

Transformación de produtos e subprodutos do mel.

Obradoiro. Crear a propia vela


Autobus aportalo a Concellaría de Educación.

Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Destinatarios/as Alumn@s de Primaria,eso e Bacharelato

Grupos: 10 grupos non superiores a 25 persoas

Periodización: 2021/22

Horario: de 09:00 a 14:00h

Duración: 90 minutos

Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio Alfredo Nanín Sáez

Telefono: 988510781

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

 

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_min

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad