TRABALLO EN EQUIPO: ESCAPE ROOM ( 3ºESO)
Data inicio: 08/11/2021 Data fin: 09/05/2022
Descrición
Este ano como novidade ofertamos a posibilidade de visitar unha sala de escape room da cidade.
Nesta actividade participan un grupo de alumnos e alumnas pertencentes ao mesmo grupo bubulla (un máximo de 12 ou 13 por sesión repartidos en dúas salas) que deberán estar durante un tempo determinado nunha sala ata resolver un enigma ou problema a través dunha historia.
O escape room é un concepto moi actual no ámbito da educación xa que está baseado no desenvolvemento das habilidades mentais para resolver problemas e enigmas a través da creatividade e o pensamento crítico e, ao mesmo tempo, fomenta o traballo en equipo, a distribución de tarefas e a xestión do tempo (neste caso unha hora aproximadamente)
Dirixido a
Alumnado de 3º curso da ESO
Periodización
En horario de mañá durante o curso escolar
Competencias
- comunicación lingüística
- matemática
- cultural e artística
- social e cívica
- aprender a aprender
Avaliación
O profesor ou profesora responsable desta actividade deberá reenviarnos a folla de avaliación da mesma nun prazo de dous días máximo unha vez rematada a mesma.
Poden decargala desde esta páxina web
Observacións
Actividade completamente gratuita
Transporte non incluido
Cada sesión terá unha duración dunha hora aproximadamente. Ás 10.00 h e ás 12.00h ( estes horarios poden modificarse se é necesario para adaptarse a cada grupo)
A ubicación da sala é na Avda de buenos Aires
IMPORTANTE : Os grupos-clase que teñan máis de 12 ou 13 persoas terán que ir repartidos en dúas sesións, polo que unha parte da clase terá que ir na primeira sesión e a outra na segunda.
O alumnado terá que ir acompañado por profesorado e desprazarase ata a sala para levar a acabo a actividade que terá lugar nun espazo debidamente desinfectado e cumprirase en todo momento co protocolo COVID
ESTA ACTIVIDADE PODERÁ SUFRIR MODIFICACIÓNS NA SÚA REALIZACIÓN , CONTIDOS E/OU DATAS DEPENDENDO DA EVOLUCIÓN DA ACTUAL SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA
Coordinación
Isabel Doval Ferro: educa.programas1@ourense.es.988 388169
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad