CURSO DE IGUALDADE E PREVENCION DAS VIOLENCIAS DE XENERO NA ADOLESCENCIA.

Data inicio: 15/11/2021     Data fin: 15/12/2021

CURSO DE IGUALDADE E PREVENCIÓN DAS VIOLENCIAS DE XÉNERO NA  ADOLESCENCIA.

Modalidade formativa

Formación Presencial de 20 horas para o profesorado de Educación Secundaria, BACH e Ciclos Formativos.

Solicitude da homologación pola Consellería de Educación

Descrición

A educación e as aulas como espazo coeducativo son os mellores instrumentos para previr as violencias de xénero, fomentar e facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes. É unha asignatura pendente ensinarlle á mocidade desde o ámbito escolar como se constrúen socialmente as suas identidades de xénero, cales son os estereotipos , os roles e as desigualdades de xénero que están na base e son a raíz da violencia contra as mulleres..


Obxectivo xeral:
  • Dotar de ferramentas ao profesorado para aprender a previr as violencias de xénero na adolescencia e fomentar a igualdade e o bo trato entre mozas e mozos.

Obxectivos específicos:

  • Mostrar as orixes da violencia contra as mulleres.

  • Identificar o problema da violencia de xénero.

  • Reflexionar sobre os mitos e estereotipos en torno aos roles de xénero e o amor romántico.

  • Formar ao profesorado para traballar a igualdade de xénero.

Metodoloxía

Propoñemos polo tanto unha metoloxia activa, participativa e grupal, socializadora e implicativa.

Avaliación

Será continua e final, tendo as persoas participantes que superar unha proba final tipo test sobre contidos traballados no curso para poder obter o certificado de asistencia con aproveitamento.


Periodización

Luns é mércores dende o 15 de ovembro ata o 15 de decembro de 2021.

Datas

Días 15-17-22-24-29 de novembro de 18-a 20.30h.
Días 1-13-15 de decembro de 18 a 20.30h.

Lugar de realización

A determinar

Horas de formación

20 horas presenciais sempre que a situación sanitaria o permita.

Custo de matrícula

23€

Destinatarios

Profesorado de Educación Secundaria,BACH e Ciclos Formativos dos centros educativos do Concello de Ourense.

Coordinadora: Fina Lage Fernández (988 388 145/36  educa.programas5@ourense.es)
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad