PINTURA : TALLER MURAL (5º E 6º)

Data inicio: 22/11/2021     Data fin: 30/11/2021

Descrición

Taller mural é unha actividade na que os nenos e nenas ilustrarán un mural no seu propio centro de ensino cunha temática determinada segundo o día ou a época do ano.

Nos obradoiros de muralismo os alumnas e alumnas participantes experimentan o com­promiso e a responsabilidade que significa pintar nun espazo públi­co, en gran formato e ademáis en grupo.

 Obxectivos

 -Introdución ao muralismo e á temática do mural

- Técnica: do papel á parede

- Técnica de pintura, características, cores, mezclas e proceso.

Dirixido a

Alumnado de 5º curso de educación primaria

Periodización

Un día relevante do curso escolar a determinar polo coordinador da actividade no concello ( pode ser os magostos, o día do libro, o día dos océanos... ) 

A actividade desenvolvese por grupos e rotacións de 20 / 30 min segundo o número de alumnos e alumnas de cada clase e ao longo de dúas mañás.

Área de coñecemento 

Plástica e pintura

Competencias
  1.  cultural e artística
  2.  social 
  3.  aprender a aprender
Materiais

TAMAÑO MÁXIMO DA PARDE: 5/6 METROS CADRADOS ( PODE SER EN DIFERENTES FORMATOS: CADRARO, APAISADO, RECTANGULAR...)

Materiais incluídos:

- Brochas de diferentes diámetros

- Rodillos

- Pintura plástica de exterior.

Materiais a aportar polo centro:

- Cubos de auga e toma de auga cerca

- Plásticos para cubrir o chan

- Xel desinfectante e papel para desinfectar os materiais

Observacións

Actividade completamente gratuita

O criterio de selección pode ser por orde de entrada ou por necesidade de mellora do espazo dalgún centro en concreto

Imparte

Laura Tova (ilustradora profesional) máis información sobre a ilustradora en https://lauratova.com/

Coordinación

Isabel Doval Ferro: educa.programas1@ourense.es

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad