PRACTICAS PREPROFESIONAIS PARA O ALUMNADO DOS CIFPs e IES.
Data inicio: 04/10/2021 Data fin: 31/05/2022
Descrición
O/a director/a dos centros CIFPs e IES debe ser o/a que solicite a sinatura do convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas nos diferentes servizos do Concello de Ourense, segundo o perfil do alumnado.
Obxectivos
O obxecto deste convenio é:
- Regular un programa de prácticas académicas externas entre os CIFPs e o Concello de Ourense, para facilitar a preparación para o exercicio profesional do alumnado en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados nos CIFPs Así, promoverase o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral das futuras persoas tituladas de formación profesional.
- Establecer convenios de colaboración co Concello de Ourense na realización de módulos de Formación en centros de traballo (FCT), especialmente para o alumnado do Ciclo Formativo de Formación Profesional Básica do título profesional básico en Informática de Oficina.
Destinatarios
O alumnado matriculado nos CIFPs e IES.
No caso de prácticas externas curriculares, estar matriculado na materia vinculada, segundo o plan de estudos de que se trate.
Periodizidade
- A duración das prácticas externas curriculares será a que estableza o plan de estudos correspondente.
- A duración das prácticas externas extracurriculares axustarase á normativa.
- O horario das prácticas procurará en todos os casos adaptarse aos horarios lectivos. En particular, o alumnado ten dereito a realizar as probas de avaliación correspondentes aos estudos en que se matriculara e a empresa está obrigada a concederlle os permisos necesarios para asistir a elas.
Coordina
Fina Lage Fernández
Tfno: 988388145 /36
correo: educa.programas5@ourense.es
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad