OBRADOIROS DE ECOPERCUSIÓN (6º EP)

Data inicio: 22/11/2021     Data fin: 30/11/2021

OBRADOIROS DE ECOPERCUSIÓN 

Descrición

Con motivo da celebración do día da música que é o 22 de novembro ( Sta Cecilia) , durante troda a semana levaranse a cabo obradoiros presenciais de ecopercusión nos que se empregarán materiais reciclados e outros elementos cotiáns como bidóns, cubos, etc.

Os nenos e nenas aprenderán a reutilizar estes materiais ao mesmo tempo que coñecerán técnicas de agarre e golpeo e patróns rítmicos relacionados a palabras como recurso de fixación.

O grupo será dividido en seccións ou subgrupos que, en superposición, crearán poliritmias experimentando con distimtos ritmos (afrocaribeños, conga, batucada…. ).

A estrutura da obra a interpretar levarase siempre ao límite que poida alcanzar, sendo o mínimo: introducción, ritmo, cortes e final. 

Ao rematar o obradoiro o grupo de ecopercusión creado no centro poderá facer ou gravar unha exhibición (ao aire libre se é posible) demostrando o aprendido. 

Obxectivos

1Achegar á percusión ao alumnado

2.Recoñecer rítmos e sonoridades 

3.Montar unha banda de ecopercusión 

4.Desenvolver as capacidades cognitivas, musicais e sociais

Dirixido a

Alumnado de 6º curso de Educación Primaria . Cada obradoiro vai dirixido a un grupo estable ou burbulla e constará dunha soa sesión 

Perodización

Do 22 ao 26 de novembro de 2011

Área de coñecemento 

Música

Competencias

  • cultural e artística
  • social 
  • aprender a aprender

Avaliación

O profesor ou profesora responsable desta actividade deberá reenviarnos a folla de avaliación da mesma nun prazo de dous días máximo unha vez rematada a mesma. Poden decargala desde esta páxina web 

Observacións

Cada obradoiro terá unha duración aproximada de 2 horas

Persoal especalizado desprazarase ao centro de ensino levando todo o material necesario para a realización da actividade debidamente desinfectado e cumprirán en todo momento co protocolo COVID

Máis información e videos neste enlace www.ecopercussion.es

ESTA ACTIVIDADE PODERÁ SUFRIR MODIFICACIÓNS NA SÚA REALIZACIÓN , CONTIDOS E/OU DATAS DEPENDENDO DA EVOLUCIÓN DA ACTUAL SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA

Coordinación

Isabel Doval Ferro: educa.programas1@ourense.es.988 388169

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad