ALCOL E DROGAS NA MOBILIDADE SEGURA OBRADOIROS 4 ESO,BACH E CICLOS

Data inicio: 10/11/2021     Data fin: 25/03/2022

SESIÓN FORMATIVA E OBRADOIROS  SEGURIDADE VIARIA

FACTORES DE RISCO NA MOBILIDADE SEGURA- "ALCOL E DROGAS"


Descrición

Sesión Formativa impartida por técnicos da Jefatura Provincial de Tráfico de Ourense (DGT) nos centros de ensino que o soliciten e que terá unha duración de 90 minutos. 

Constará de dúas partes:

  • Formativa: factores de risco na condución: alcol e drogas
  • Obradoiros:gafas de simulación dos efectos do alcol e das drogas, etilómetros e drogotests.

Obxectivos

  • Concienciar a mocidade sobre os efectos do alcol e das drogas non só na condución de vehículos senón tamén sobre os seus efectos nas condutas peonís, e como condutores de bicicleta ou ciclomotor.
Destinatarios

Alumnado de 4º da ESO, BACH  e CICLOS FORMATIVOS.

 
Periodización

2º trimestre 

 
Observacións

Os días da semana que se impartirán están sen determinar e poderian adaptarse a preferencia do profesorado que se inscriba polo que o pode fcer constar no apartado de observación cando se inscriba na actividade e tamén a dispoñibilidade dos técnicos da DGT.

Colaboran
  • Técnicos da Jefatura Provincial de Tráfico de Ourense (DGT)
  • Guardía Civil da Agrupación de Tráfico de Ourense
Coordinadora: 

Fina Lage Fernández ( Tfno.: 988 388 136/45)

educa.programas5@ourense.es)
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad