OBRADOIROS DE PRIMEIROS AUXILIOS
Data inicio: 01/02/2022 Data fin: 29/04/2022
Descrición
Charlas de Primeiros Auxilios impartidas nas aulas do centro por persoal especializado.
O alumnado participará de forma activa, facendo distintos tipos de prácticas de socorrismo, pero sempre seguindo os protocolos de seguridade do COVID.
Obxectivos
- Proporcionar ao alumnado as ferramentas para saber enfrontarse ante unha situación de emerxencia sen empeorala.
- Coñecer as primeiras medidas de seguridade perante un accidente: normas básicas de socorrismo e primeiros auxilios.
Destinatarios/as
Alumnado de 6º de EP, ESO, BACH e CICLOS FORMATIVOS.
Periodización
2º trimestre do curso
Horario de mañá ou tarde.
Observacións
Dependendo do grupo clase o que van dirixidas as sesións (para alumnado de 6º e ESO aproximadamente unha hora), e en función da especialización dos alumnos de BACH e dos Ciclos Formativos, o formador que imparte as charlas pode adaptar o horario en base ó interese que desperten certas prácticas de socorrismo (máis ou menos duración, ou poiden ser repartidas en máis dunha xornada en diferentes días se o profesor que as solicita o estima oportuno, exemplo: rama sanitaria..)
Coordinadora:
Fina Lage Fernández
Tfno.: 988 388 136/45
educa.programas5@ourense.es
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad