DRAMATIZACIÓN: DOBRAXE NA ESCOLA ( 6º DE EP)

Data inicio: 02/05/2022     Data fin: 31/05/2022

DOBRAXE NA ESCOLA

Descrición

A técnica da dobraxe en xeral, e concretamente nas películas de animación, é unha ferramenta máxica e novidosa, que ademáis de ser capaz de captar a atención dos nenos e nenas sobre aspectos básicos na comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención...) traballa aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo; ao tempo que motiva aos rapaces e rapazas para divertirse na nosa lingua.

A actividade está dividida nas seguintes partes:
  • Os monitores e initoras comezarán a actividade cun xogo dramátizado no que contan todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe.
  • Posteriormente ensaiarán un fragmento da película, aprendendo a encaixar as propias voces nas bocas dos personaxes.
  • Finalmente grávanse as voces para poder escoitar e ver o resultado final

Obxectivos 

  • Achegar ao alumnado ao mundo da dobraxe.
  • Traballar a dramatización.
  • Fomentar a comunicación oral na nosa lingua.
  • Recoñecer un guión escrito
  • Traballar a concentración, a empatía e o traballo en equipo.

Dirixido a:

Alumnado de 6º EP

Actividade a realizar por grupo-aula  (máximo 30 alumnos/as) cumprindo en todo momento o protocolo COVID

Esta actividade se leva a cabo no propio centro de ensino en horario escolar e ten unha duración aproximada de 60 min 


Periodización

Maio de 2022

Achegas da Concellería

Material a aportar por cada centro escolar:canón de video e pantalla de proxección.

Material aportado :micrófono, pé de micro, atril, mesa de mesturas, altifalantes, ordenador e cableado correspondente.

Observacións

Actividade complertamente gratuita

Desenvolverase nos centros de ensino en horario escolar e ten unha duración aproximada de 60 min 

Coordinación: Isabel Doval Ferro/educa.programas1@ourense.es

 

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad