ENCONTROS CO AUTOR (5.º EP)

Data inicio: 02/11/2021     Data fin: 31/01/2022

ENCONTROS CO/A AUTOR/A

Descrición
A actividade consiste na dotación, por parte da Concellería de Educación, dos libros seleccionados para este curso, para a súa lectura na aula e o encontro co autor  do título lido levarase a cabo seguindo as normas sanitarias existentes nesa data.

TÍTULO PARA ESTE CURSO: "A FOLLA AZUL" de Andrea Maceiras.

Obxectivos

• Poñer en contacto directo aos escolares cos escritores  e ilustradores.
• Dar a coñecer de preto o traballo dun escritor e ilustrador.

Destinatarios/as
Alumnos e alumnas de 5.º curso de Educación Primaria.

Periodización

Os libros serán entregados en decembro e o encontro co autor será a finais de xaneiro.

Achegas da concellería
• Un exemplar do libro escollido a cada alumno/a.

Avaliación

Cada profesor/a participante nesta actividade terá que enviarnos a folla de avaliación (descargala nesta web) nun prazo máximo de 2 días.

 

 Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988 388 145 /36;  educa.programas2@ourense.es)

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad