VISITAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS (2 EP)
Data inicio: 15/11/2021 Data fin: 13/05/2022
Descrición
O alumnado participante nesta actividade desprazarase á Biblioteca Municipal co fin de realizar unha visita de carácter lúdico, encamiñada ao coñecemento deste servizo do concello e farán unha actividade de fomento da lectura.
Este curso so teremos visitas á Biblioteca da Ponte, en grupos de 20 escolares máximo. (pode variar según a normativa covid no momento da visita)
Obxectivos
- Dar a coñecer no ámbito escolar, de forma lúdica, a existencia das Bibliotecas Municipais.
- Fomentar o hábito da lectura.
- Servirlle de apoio ao profesorado no emprego das bibliotecas escolares.
Destinatarios/as
Alumnos e alumnas de 2.º curso de Educación Primaria.(teñen preferencia)
Poderán participar nas visitas todos os cursos desde EI ata 5º de EP, avisando con antelación.
Periodización
Desde o 15 de novembro ao 13 de maio.
Duración da actividade: 45 mn.
Achegas da concellería
Colaboración das Bibliotecas Municipais.
Avaliación
Cada profesor/a participante nesta actividade terá que enviarnos a folla de avaliación (descargala nesta web) nun prazo máximo de 2 días.
Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988 388 145 /36; educa.programas2@ourense.es)