BAUTISMO NaUTICO
Data inicio: 01/03/2022 Data fin: 15/06/2022
BAUTISMO NÁUTICO
Desde a Concellería de Educación organizamos unha nova actividade no Programa Saídas Didácticas para os cativos e mozos da cidade (desde 7 anos cumpridos a 18 anos): BAUTISMO NÁUTICO.
Esta actividade realizarase no Clube Náutico de Castrelo de Miño, en horario de 10h a 13,30h ou de 16h a 19,30h.
Cada centro poderá inscribirse nunha soa data e tendo como únicos requisitos imprescindibles: ter 7 anos cumpridos e saber nadar.
Nesta etapa de pandemia, desde a Concellería de Educación fomentamos actividades lúdico-didácticas na natureza, ao aire libre, aproveitando os recursos da nosa provincia, así como inculcar o respecto aos demais, o traballo en equipo, valorar o noso patrimonio etnográfico, cultural e natural e a necesidade de conservar o medio ambiente.
Seguindo en todo momento o protocolo e normas Covid.
Obxectivos xerais:
• Achegar a práctica dos deportes náuticos aos cativos e mozos/as de forma lúdica.
• Adquirir os fundamentos básicos para valorar as posibilidades de práctica destes deportes nun futuro.
Os nenos e nenas iniciaranse en deportes de auga como: hidropedal, kayak recreo, paddle surf, windsurf e vela en barco.
Coste
3€ por alumno/a participante.
Coordinadora: Sara Dacal Fdez
988388145/36
educacion@ourense.es
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad