EXPOSICIoN TIERRA DE SUEÑOS
Data inicio: 02/12/2021 Data fin: 07/01/2022
EXPOSICIÓN TIERRA DE SUEÑOS
Informámosvos que do 3 de decembro ao 7 de xaneiro poderedes visitar co voso alumnado a exposición Terra de Soños de Cristina García Rodero en Ourense, situada na Avda. De Pontevedra.
A exposición está organizada pola Fundación "la Caixa" e o Concello de Ourense.
Que explica a exposición?
O esforzo e a iniciativa das mulleres é un dos principais motores de transformación das comunidades de Anantapur, unha das zonas máis pobres da India.
Terra de soños mostra sen complexos a singularidade e asimetría do mundo rural na India, con especial atención ao rol que ocupan as mulleres.
A fotógrafa Cristina García Rodero foi a primeira española en traballar para a prestixiosa axencia fotoxornalística Magnum. Foi premiada co World Press Photo 1993, o Premio Nacional de Fotografía 1996, o Fotopres "la Caixa" 1997, o PhotoEspaña 2000 e 2017, o Godó de Fotoxornalismo 2000, e as medallas de ouro ao Mérito das Belas Artes 2005 e de Castilla-La Mancha 2016.
A visita á exposición
Ofrecémosvos visitas guiadas adaptadas ao nivel educativo do voso alumnado.
Capacidade: Aforo limitado Duración: aproximadamente 1 hora
Reservade agora!
Se queredes visitar a exposición co voso centro educativo, só tedes que chamar ao teléfono 900 80 11 37 (información e reservas). Poderedes reservar día e hora para concertar a visita guiada adaptada ao nivel educativo do voso alumnado.
Lembrade que esta actividade é gratuíta
Realización da actividade con suxeición á normativa vixente
LINK: https://educaixa.org/es/-/tierra-de-suenos-art-al-carrer-visita-comentada-escolar
Coordinadora: Sara Dacal Fdez
988 38 81 45
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad