TERTULIA LITERARIA EN CASTELaN
Data inicio: 18/10/2021 Data fin: 01/06/2022
Neste programa tratamos de crear un lugar de encontro acolledor, onde faremos unha posta en común de experiencias e ideas en torno ao libro e á lectura.
ESTE CURSO, POR PROTOCOLO COVID, FAREMOS GRUPOS REDUCIDOS.
Descrición
Este programa de TERTULIAS divídese en dúas fases:
• Realización de reunións previas cos profesores implicados, antes de cada faladoiro. Nestas elixiranse títulos e temas a tratar en cada libro.
• O faladoiro farase con todos os alumnos/as participantes e o seu profesorado.
Levaremos a cabo dúas TERTULIAS ao longo do curso escolar: unha dun título galego e outra de castelán, cunha duración aproximada dunha hora e media cada unha.
O título de castelán elixido para este curso é: pendente de seleccionar.
Esta actividade desenvolverase entre escolares de varios centros escolares.
Esta actividade lúdico-didáctica farase en torno a un café e nun lugar emblemático como é o Liceo de Ourense.
Obxectivos
• Fomentar a lectura comprensiva para a realización de postas en común.
• Realizar debates organizados.
Dirixido a
Alumnos/as de 4.º ESO e 1.º BAC ou ciclos.
Periodización
• Tertulia de castelán: mediados de abril, ás 16.30h no Liceo.
Achegas da concellería
• Libros seleccionados para as TERTULIAS ( 1 exemplar a cada alumno/a e profesor/a participante)
- ACTIVIDADE TOTALMENTE GRATUITA.
Colaboracións
Deputación de Ourense
Liceo de Ourense (como lugar para os faladoiros)
Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988388145 / educa.programas2@ourense.es)