A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE (2º, 4º ESO)

Data inicio: 07/03/2022     Data fin: 14/06/2022

A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE

Descrición

Mediante as fontes históricas conservadas en Ourense (documentos, edificios, rueiro...) coñeceremos como era a cidade e como vivían os seus veciños na Idade Media.

Realizarase unha visita guiada polo centro histórico acompañada de material didáctico e dun caderno de traballo. A continuación, os/as alumnos/as escenificarán diferentes situacións históricas vinculadas ao Concello medieval ourensán.

 

Obxectivos

• Recoñecer e respectar o legado medieval do conntorno no que se habita.

• Descubrir o método de investigación da historia e o traballo do historiador.

• Descubrir a orixe medieval das nosas institucións municipais.

Destinatarios/as

Alumnado de 2.º da ESO e 4.º da ESO

 

Periodización

 2.º trimestre. A duración da actividade será de 2 horas.

Achegas da concellería

• Guías especializados.

• Material didáctico que se entregará o día da visita.

Observacións

Unha vez concedida a actividade e data, considerase inamovible. Ademais de ser aprobadas no Consello escolar.

Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988 388 145/36 / educa.programas2@ourense.es)

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad