CADERNO DE CAMPO / 3º EP

Data inicio: 01/05/2023     Data fin: 31/05/2023

DESCRICIÓN



Mediante unha metodoloxía participativa realizarase un Caderno de Campo e, a partir da observación do contorno, na primeira sesión, na Aula da natureza, centrarémonos no coñecemento da especie elixida, acompañado de dúas montaxes audiovisuais; unha deles sobre a vida de Ediht Holden, naturista británica, seguido doutra onde se pode ver a nosa natureza, feita por o mestre ourensán Carlos Alvar Cerviño.  Na segunda sesión levarémolos ao campo forestal que está preto da Aula para identificar e medir a especie de árbore o planta estudada. A actividade tenrá unha duración aproximada de HORA E MEDIA. 




OBXECTIVOS

  • Iniciar os particiapantes na elaboración dun caderno de campo persoal a partir da observación do contorno.
  • Fomentar comportamentos respectuosos co medio ambiente.
  • Fomentar o coñecemento da bioloxía e da interacción das diferentes especies presentes nos hábitats naturais.


DESTINATARIOS/AS

  •  Escolares de 3º de Educación Primaria.

ACHEGAS DA CONCELLERIA

  • Autocares para a realización da actividade
  • libreta e ferramentas de traballo


PERIODIZACIÓN

  • Do día 1 de maio ao 31 de maio
  • Na Aula da natureza  / Parque forestal de Oira


COORDINADORA
  •  Stella Estrada Mosquera 988388169/Correo: educa.programas4@ourense.es
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad