CONTA COA NATUREZA: INCENDIOS FORESTAIS / EP.

Data inicio: 24/01/2023     Data fin: 31/03/2023

DESCRICION

CONTA COA NATUREZA: INCENDIOS FORESTAIS é unha proposta educativa e lúdica para explicar a actual situación de crise sanitaria, ambiental e social ao alumnado. Esta actividade emprega o conto teatralizado para abordar a temática, pois é unha ferramenta educativa moi útil que permite simplificar temas de gran complexidade e facilitar a súa comprensión. A situación actual bríndanos a gran oportunidade de repensar a nosa relación coa natureza e trasladar ese novo modelo de vida á infancia.



OBXECTIVOS

  • Mostrar outro modelo máis respectuoso de relación coa natureza 
  • Reestablecer as conexións co medio rural 
  • Ofrecer información e ferramentas para entender a magnitude de temas complexos multifactoriais como esta crise sanitaria 
  • Construir unha sociedade de futuro saudable 
  • Achegar ao alumnado dun xeito divertido e ameno á natureza e mostrarlles os recursos que nos aporta



FASES
  • Conto teatralizado para introducir e abordar a situación actual 
  • Dinámica de asimilación de contidos (adaptada ao Protocolo para o contexto COVID19) coa creación dunha personaxe (superheroe/superheroína) na que o alumnado se verá como parte da solución 
  • Reflexión conxunta 




DESTINATARIOS/AS

  •  Escolares de Educación Primaria.




PERIODIZACIÓN

  • Do día 18 de xaneiro ao 31 de marzo



ACHEGAS DA CONCELLERIA

  • Monitor de Educación ambiental


Coordinadora
  • Stella Estrada Mosquera 988388169/ Correo:educa.programas4@ourense.es






Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad