A DIVERSIDADE NATURAL DA PROVINCIA DE OURENSE / 4º ESO / BACH. / CICLOS

Data inicio: 03/11/2021     Data fin: 28/02/2022

DESCRICIÓN

NOTA: ESTA ACTIVIDADE PODERÁ SUFRIR MODIFICACIÓNS NA SUA REALIZACIÓN, CONTIDOS E/OU DATAS DEPENDENDO DA EVOLUCIÓN DA ACTUAL SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA.


A DIVERSIDADE NATURAL DA PROVINCIA DE OURENSE A perda de biodiversidade é un dos maiores problemas do noso planeta, que ten tamén  un importante impacto na nosa calidade de vida. Por este motivo nas últimas modificacións curriculares, este concepto adquiriu unha posición fundamental nos contidos escolares. Pero moitas veces descoñecemos os compoñentes da biodiversidade no noso contorno mais próximo. Por este motivo nesta actividade facemos un percorrido polas nosas especies mais interesantes e polos espazos naturais protexidos de Ourense, mesmo polas zonas de reserva descoñecidas por gran parte da sociedade, apoiados nun amplo traballo fotográfico propio, para fundamentar a necesidade de conservar o noso patricmonio natural.


REFERENCIAS A BIODIVERSIDADE NO CURRICULO DE ESO E BACHARELATO

A.  ESO. Neste curso, na materia de bioloxía e xeoloxía, a biodiversidade no planeta terra constitúe o tercer blorque de contidos
  • Concepto de biodiversidade. Importancia da biodiversidade
  • Dentro dos criterios de avaliacións, aparece "Recoñecer a importancia da biodiversidade"

B.  3º ESO. 
  • Análise da paisaxe como resultado da acción conxunta dos fenómenos naturais e a intervención humana.
  • Modelaxe do relevo. Factores que condicionan o relevo terrestre.
  • Identificación medinate imaxes e/ou obeservacións de campo da acción e a paisaxe: a meteorización, os torrentes, as augas subterraneas, os ríos, o mar, o xeo e o vento

C. 4º ESO Cultura científica
  • Valorar as graves implicacións sociais, tanto na actualidade como no futuro, na sobreexplotación de recursos naturais, a contaminación, a  desertización, a perda de biodiversidade e o tratamento de residuos.

D. 1º BACHARELATO. Na materia de bioloxía e xeoloxía "A biodiversidade" constitue o bloque de contidos nº 4
a. Bioloxía e Xeoloxía
  • Concepto de biodiversidade. Índice de biodiversidade
  • A evolución como fonte de biodiversidade. Proceso de especiación
  • Importancia biolóxica da biodiversidade
  • Causas da perda de biodiversidade
  • Concepto de endemismo
  • O factor antrópico na conservaciçon da biodiversidade

E. 2º BACHARELATO

Ciencias da terra e do Medio ambiente
  •  Concepto de biodiversidade
  •  Causas e repercusións da perda da biodiversidade


MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA NA ESO
  • Paisaxe e subtentabilidade
 


ACTIVIDADES: 

  •  Apoiándose fundamentalmente en imaxes e usando o método de aprendizaxe significativo para partir dos coñecementos do alumno, o abxectivo da  activiade é valorar a importancia da diversidade natural nas nosas vidas e a necesidade de conservar o noso patrimonio natural


DIRIXIDA A 

  • Alumnos de ESO e BACHARELATO

PERIODIZACIÓN

  • Do día 04 de novembro ao 31 de marzo
  • Nos centros educativos
  • Total duración actividade 50 minutos.


COORDINADORA: 
  • Stella Estrada Mosquera 988388169 / correo: educa.programas4@ourense.es 


Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad