VISITA AO BOSQUE DA ASOCIACION CULTURAL ECOLOXICA RIDIMOAS. / ESO / BACHARELATO

Data inicio: 24/10/2022     Data fin: 30/04/2023

DESCRICIÓN

 

A actividade VISITA AO BOSQUE DA ASOCIACIÓN CULTURAL ECOLÓXICA RIDIMOAS estructúrase en dúas fases, na primeira, o alumnado é recibido no IES "O Ribeiro" de Ribadavia polo biólogo e guía don David Rodríguez Barra. Visitan a exposición permanente sobre a flora e fauna, e coñecen de primeira voz e sobre plano a Extratexia conservacionista da Asociación, así como a súa orixe e evolución. Na segunda fase, xa en Beade, o alumnado percorre o itinerario educativo deseñado, provisto do caderno elaborado para cada grupo, en función do parámetro curricular do curso e do centro, coñecendo os valores artísticos, naturais e paisaxísticos presentes no dito espazo natural e realizando as actividades previstas.

 

 

OBXECTIVOS

  • Coñecer a realidade e a situación do territorio en Galicia.
  • Identificar os principais problemas dos ecosistemas e hábitats naturais de Galicia.
  • Presenciar os resultados da aplicación práctica da educación ambiental e da custodia do territorio como estratexia conservacionista.
  • Fomentar o coñecemento da bioloxía e da interacción das diferentes especies presentes nos hábitats naturais do bosque.


DIRIXIDO A

  • Escolares de 1º e 2º ciclo da E.S.O. e Bacharelato.


ACHEGAS DA CONCELLERIA

  • Autocares para a realización da actividade.


OBSERVACIÓNS

  • A saída será ás 09:00horas. A actividade ten unha duración aproximada de catro horas
  • A realización do caderno de campo non é opcional ao tratarse dun traballo e non dunha excursión. É recomendable, pola multidisciplinariedade da actividade, que o profesorado de ciencias, historia e debuxo incentiven o alumnado con puntuación propia na elaboración dos cadernos, que debería ser aprobado no claustro escolar coma actividade available.
  • Salvo climatoloxía extrema, non se ten previsto anular datas por mal tempo, debendo ir ao bosque equipado para tales condicións. O alumnado pode levar comida e comer durante a visita e recoller todos os residuos xerados.

  TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad