EDUCACIÓN DEPORTIVA PARA A VIDA. / EP / ESO E BACH.

Data inicio: 03/11/2021     Data fin: 30/04/2022

DESCRICIÓN

Suelta los Frenos é unha asociación sen ánimo de lucro que quere achegar a psicoloxía ao ámbito deportivo, tanto profesional como amateur, especialmente nos colectivos feminino e infanto-xuvenil. Alén desta meta, está comprometida co fomento da saúde integral e emprega a actividade física e o deporte como medio para o conseguir. Dos seus obxectivos xerais e dos seus valores despréndense os seus ámbitos principais de actuación e de aí os seus proxectos e accións concretas para o ano en curso.


VISIÓN

  • Integral do ser humano no que os aspectos físicos, emocionais, mentais e de comportamento se relacionan e inflúen continuamente.
  • Da psicoloxía como unha disciplina que pode ter un grande impacto na mellora da vida das persoas.
  • Do deporte e a actividade física como unha ferramenta de aprendizaxe para a vida e o crecemento persoal.


 

OBXECTIVOS

 

  • Achegar a psicoloxía a usuarios con diferentes perfís e necesidades, para potenciar as súas capacidades e fortalezas.
  • Poñer ao servizo do deporte os coñecementos da intelixencia emocional, a psicoloxía positiva, o adestramento persoal e a neurociencia.
  • Fomentar a responsabilidade polo coidado e o desenvolvemento integral das persoas, atopando o equilibrio entre os aspectos mentais, emocionais e físicos.

 

Educación deportiva para a vida  estructurase para evitar o abandono e o fracaso escolar partindo da motivación real, valorando todas as intelixencias, dando visibilidade ao camiño que outras persoas abriron antes cara a un futuro profesional vinculado co deporte.

 

 

Dirixido a

  • A alumnado, preferiblemente desde sexto de Educación Primaria a segundo de Bacharelato.

 

¿Por que o facemos?

  • En Suelta los Frenos cremos firmemente nos beneficios que o deporte e a actividade física teñen na saúde física e mental, así como no desenvolvemento das persoas. Ademais estamos convencidos do seu potencial para labrar un futuro, cando a paixón se vincula coa profesión. Seguro que coñeces alguén que, destacara ou non nos estudos formais, labrou un futuro baseado na súa paixón polo deporte. Por iso, queremos reslatar, en colexios e institutos, a intelixencia cinestética-corporal, descrita polo psicólogo Howard Gardner, tan pouco valorada polo sistema educativo normativo.


¿Como se leva a cabo?

  • Co obradoiros impartidos nos colexios e institutos que os soliciten. Estes obradoiros constarán de dúas sesións, aínda que se pode adaptar o número en función das posibilidades. Na primeira sesión, impartida por unha psicóloga do equipo, incluiranse dinámicas relacionadas coa identificación de fortalezas persoais e o seu recoñecemento a nivel persoal. Intereses e gustos relacionados co estas fortalezas.
  • Na segunda sesión levarase a cabo a exposición dun caso real dun colaborador ou colaboradora que converteu a súa paixón na súa forma de vida.
  • Posibles vías de aplicación no ámbito profesional.

 



PERIODIZACION

  •  Do día 03 de novembro ao 31 de maio de 2022 (UNHA HORA DE DURACIÓN)



COORDINADORA
 
  • Stella Estrada Mosquera 988388169 / correo: educa.programas4@ourense.es 



 


Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad