DOBRAXE NA ESCOLA- 6º EP

Data inicio: 11/01/2021     Data fin: 26/03/2021

DOBRAXE NA ESCOLA

Descrición

A técnica da dobraxe en xeral, e concretamente nas películas de animación, é unha ferramenta máxica e novidosa, que ademáis de ser capaz de captar a atención dos nosos nenos e nenas, sobre aspectos básicos na comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención...)
Traballando aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo; ao tempo que motiva aos rapaces e raparigas para se divertiren na nosa lingua.
Consta das seguintes fases:
  • Os monitores fan un xogo dramátizado no que contan todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe da mesma.
  • Acto seguido, ensaimos entre todos un fragmento da película, aprendendo a encaixarnos as propias voces nas bocas dos personaxes.Experimentámolo todos/as? Ben agora....: Quen quere sair?
  • Xa temos os "dobradores". Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e... Silencio! Imos gravar!
  • Gravamos e, moi sorprendidos, escoitamos o resultado.

Obxectivos 

  • Achegar ao alumnado o mundo da dobraxe.
  • Fomentar a comunicación oral na nosa lingua.
  • Fomentar a escrita no formato de guións.
  • Traballar a concentración, empatía e traballo en equipo.

Destinatarios/as

Alumnos e alumnas de 6º EP.

Actividade a realizar por grupo-aula (máximo 30 alumnos/as).


Periodización
Segundo trimestre.

Adaptándonos á situación sanitaria nese momento.


Achegas da Concellería

A actividade pode levarse a cabo no propio centro.

Material a aportar por cada centro escolar:: canón de video e pantalla de proxección.

O resto do material (micrófono, pé de micro, atril, mesa de mesturas, altifalantes, ordenador e cableado correspondente) xa se aporta. 

ACTIVIDADE TOTALMENTE GRATUíTA. 

Avaliación

Cada profesor/a participante nesta actividade terá que enviarnos a folla de avaliación (descargala nesta web) nun prazo máximo de 2 días.

Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988 388 145 / educa.programas2@ourense.es)

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad