ESCRITURA: LETRAS GALEGAS X CONCURSO DE MICRORRELATO (EP e ESO)

Data inicio: 14/02/2022     Data fin: 17/05/2022

Descrición

Con motivo da celebración da Semana das Letras Galegas 2022, a Concellería de Educación levará a cabo a décima edición do Certame de Microrrelato 

Obxectivos

• Fomentar o uso da lingua galega

• Potenciar a capacidade creativa dos escolares ourensáns a través dunha fórmula orixinal e participativa

• Utilizar as novas tecnoloxías como ferramenta de traballo de lectura e escritura

Temática 

Por determinar

Dirixido a

Existen dúas modalidades:

• Modalidade infantil: poden presentar traballos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de educación primaria
• Modalidade xuvenil: Poden presentar traballos alumnos e alumnas da ESO

Área de coñecemento

Lingua e literatura galega 

Competencias
  • artística e cultural
  • comunicación lingüística
  • aprender a aprender 
  • dixital
Periodización

A entrega de premios terá lugar durante a Semana das Letras Galegas 2022

Observacións 

A partir do momento no que a petición da actividade sexa aceptada pola coordinadora, o profesor ou profesora responsable deberá facer unha selección previa dun máximo de dous traballos por aula, verificando que os contidos son os requeridos e non ofensivos. 

Unha vez seleccionados os microrrelatos, o profesor ou profesora pode envialos á coordinadora da actividade por correo electrónico (educa.programas1@ourense.es) indicando o centro, o nome do profesor ou profesora responsable, título do relato e nome completo e curso dos autores e autoras do mesmo.


Coordinación Isabel Doval Ferro ( 988 38 81 69 / educa.programas1@ourense.es)  

AS BASES ESTARÁN DISPONIBLES A PARTIR DO MES DE FEBREIRO DE 2022
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad