Apicultura para nenos e familia
Data inicio: 03/12/2019 Data fin: 03/12/2019
Charlas levadas por un apicultor profesional, traballos e actividades en grupo, onde se explicará a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición. Apicultura Tradicional. Apis (abella) e Cultura (cultivo). A apicultura tradicional trata das relacións do home coas abellas e de como conseguiron obter os froitos do seu traballo: o mel e a cera.
Obxectivo
- Traballar e aprender o marabilloso mundo das abellas.
- Estudar na colmea a recoñecer ás abellas, como se reproducen e que actividades realizan, como se desenvolve unha comunidade onde se traballa sen descanso, cuxo único obxectivo é traballar en conxunto pola perpetuidade da especie.
- Coñecer os produtos cos que nos obsequian as abellas e tamén, por que non, poder obter o teu propio mel.
- Coñecer as propiedades do mel, tanto nutricionais como terapéuticas: facilita a dixestión, laxante suave, propiedades sedantes.
Contidos
- Introdución á apicultura.
- Transformación de produtos e subprodutos do mel.
- Obradoiro. Crear a propia vela
Destinatarios/as: a nenos e familia
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Periodización: 3 de DECEMBRO
Horario: de 16:00 a 17:00
Duración: 60 min.
Cordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tfno: 988510781
Correo electrónica: aulanatureza@ourense.es
http://vimeo.com/49964757
https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_mino/
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad